Un guindastre queda atrapado polo lodo do Lérez
Un guindastre tivo que ser rescatado este venres das augas do río Lérez despois de quedar atrapado polo lodo.
Esta máquina traballaba nunhas obras encargadas pola Universidade para instalar uns pantaláns para deportes náuticos na Illa das Esculturas.
Outro guindastre de gran tonelaxe tivo que acudir ao rescate para poder retirar á máis pequena.
O incidente non tivo consecuencias persoais pero activou o protocolo anticontaminación ante a posibilidade de que o río resultase afectado por algún tipo de vertedura.