Envorca un camión na Praza de Barcelos
Por Diego Torrado
Un tremendo estrépito sobresaltou esta noite aos veciños da Praza de Barcelos.
Un camión que tentaba recoller un contedor de vidro envorcou durante esta manobra.
O peso da carga do iglú fixo perder o equilibrio ao camión que tiña estendido o brazo do guindastre a unha distancia excesiva.
O incidente produciuse pasadas as doce da noite e non supuxo danos persoais.
Desde o Concello de Pontevedra informaron que se tratou dun fallo mecánico xa que non saíron os estribos do camión no momento de recoller o contedor verde.