A reciclaxe e ás "as trampas ao solitario" dalgunhas administracións
Por Oskar Viéitez
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, César Mosquera anunciou que a primeiros do mes de marzo recibirá a visita dunha delegación de preto de 30 representantes do goberno autónomo canario, de varios cabildos e concellos insulares para coñecer o Plan Revitaliza.
Esta nova recepción, dixo o vicepresidente pontevedrés, é unha mostra máis do interese do plan provincial polo mundo adiante, para sinalar que o feito de que en moitas localidades se estea a mirar para Pontevedra supón "un acicate" para facelo o mellor posible.
"Todos están mirando para aquí dende moitas administracións porque temos unha posposta sensata e ben definida", apuntou o nacionalista, quen aproveitou para criticar "as trampas ao solitario" que fan outras administración propoñendo solucións fraudulentas para acadar as cifras de reciclaxe esixidas pola Unión Europea.
Neste sentido, destacou que non é suficiente con poñer colectores para a materia orgánica, senón que "é preciso un traballo serio que o sustente", co fin de acadar cifras de reciclar "reais" e resolver os obxectivos da normativa e tamén de coidar o planeta.
"Houbo moitos recursos investidos con resultados pírricos. As administracións non tomaron en serio ir por esa liña. Separar as fraccións é unha obriga para todos, pero non hai traballo feito: o único que se fixo foi instalar colectores para dicir que se recicla pero sen intención de acadar cifras de reciclaxe", subliñou.