Feijóo asegura en Pontevedra que "en motivación e gañas son o candidato máis mozo"
Por Oskar Viéitez
Acompañado por máis de 250 mozos. Así se presentou o candidato do Partido Popular á presidencia da Xunta nun acto que os populares celebraron na Leira Batacos. Alí, Alberto Núñez Feijóo pediu que Galicia siga "a contracorrente" da política de "división e enfrontamento" que se instalou en España
O líder do PPdeG engadiu que "o diferente na España política é Galicia", porque "é moderación, coherencia e respecto; busca sempre aquilo que une; cumpre coas súas responsabilidades e é politicamente libre".
Feijóo avogou por unha comunidade que una aos mozos entre si sen "enfrentalos" en posicións "intransixentes e extremas", porque fronte a partidos que buscan "adoutrinar e manipular" aos mozos para que "non pensen e se formen libremente", en Galicia non gustan as "imposicións".
"Nós non queremos dividir a sociedade en dous, propugnar a disputa permanente, etiquetar á xente segundo a súa procedencia, pensamento ou ideoloxía, actuar por intereses partidistas ou clasificar entre bos e malos demócratas", defendeu o líder dos populares galegos.
Ademais, asegurou, facendo unha chiscadela á súa audiencia, asegurou que, a pesar de ser o aspirante de máis idade, pode garantir que "en actitude, en motivación e gañas, son ou candidato máis mozo de todos os que se presentan á Xunta de Galicia".
A todos eles, Núñez Feijóo trasladoulles que Galicia "é hoxe unha terra de máis oportunidades, máis futuro e máis liberdade".
O presidente do PPdeG puxo en valor o crecemento que experimentou a comunidade na última década, unha terra que "crea emprego", ten saldo migratorio "positivo" e que se abriu á innovación cun 23% máis de investimento en I+D, o apoio a novos emprendedores e a sectores "estratéxicos" como a automoción, o naval, a pesca ou o agro.
Ademais, destacou que "temos a educación pública máis completa, máis competitiva e con mellores resultados", engadindo que "mentres noutros lugares a educación é sinónimo de polémica, aquí é de éxito".
Relacionadas:
-
Lupe Murillo repetirá, como número 5, na candidatura do PP ás eleccións galegas
Por Alejandro Espiño |
-
Corina Porro e Alfonso Rueda escoltarán a Núñez Feijóo na candidatura do PP ás eleccións galegas
Por Redacción |
-
Ana Pontón asegura que Pontevedra será o "espello" ao que mirará o BNG se goberna en Galicia
Por Alejandro Espiño & Cristina Saiz |
-
Feijóo insta os populares pontevedreses a facer unha campaña "que non moleste á xente"
Por Oskar Viéitez & Cristina Saiz |