Oito persoas trasladadas nun incendio nun edificio en Portonovo
Por Oskar Viéitez
O Centro de Atención ás Emerxencias do 112 alertou ás 8.36 horas da mañá deste domingo dun incendio urbano rexistrado en Portonovo, na rúa Porvenir.
Segundo informou oficialmente o 112, oito persoas foron trasladadas con síntomas de intoxicación por inhalación de fume. Non revisten ningún outro tipo de feridas.
Entre os afectados atópase ademáis un membro do Grupo de Emerxencias Supramunicipais (GES).
Ademáis outras dez persoas foron desaloxadas do inmoble a causa do incendio.
Dende o Concello de Sanxenxo informaron que o lume comezou na cociña do terceiro andar.
Neste suceso interveñen os efectivos de Emerxencias Sanxenxo, os equipos sanitarios de Urxencias Médicas do 061, os Bombeiros do Salnés e a Policía Local.