O martes de Entroido será frío e caerán catro pingas
Por Redacción
Aínda este luns continuará a influencia anticiclónica sobre Galicia. Isto significa que a semana comeza con ceos pouco nubrados ou despexados, pero pola tarde irán aparecendo en escena as nubes altas.
Meteogalicia advirte que xa pola noite comezarán as primeiras choivas no noroeste da Comunidade.
As temperaturas son frías, as máximas baixaron lixeiramente.
As precipitacións repetiranse o Martes de Entroido pero serán febles e limitaranse á mañá. As previsións apuntan que os ceos empezarán a abrirse polo norte da Coruña e aos poucos despexará en toda Galicia.
O único dato relevante para todos aqueles que queiran gozar o Entroido na rúa é o frío. É o normal nesta época do ano, pero pola tarde-noite notarase o contraste térmico respecto a as temperaturas do resto da xornada.
En canto ao resto da semana, o Mércores de Cinza hai unha alta probabilidade de choivas, pero serán precipitacións de forma feble e durarán pouco xa que a influencia das altas presións recuperarase en toda Galicia.