Cruz Vermella e o Banco de Alimentos distribúen 77 toneladas de alimentos na provincia
Por Redacción
Cruz Vermella Española e o Banco de Alimentos distribuirán 77.119 quilos de alimentos entre persoas vulnerables da provincia de Pontevedra dentro da terceira e última fase do Programa 2019 de Axuda Alimentaria.
Este programa está cofinanciado nun 85% polo Fondo de Axuda Europea para as Persoas máis Desfavorecidas e nun 15% polo orzamento nacional.
Cruz Vermella Española en Pontevedra repartirá alimentos a máis de 2.914 persoas.
Os alimentos son de carácter básico, pouco perecedoiros, de fácil transporte e almacenamento. Na cesta de alimentos deste ano fixéronse actualizacións e incorporáronse algunhas novidades. Os alimentos que se entregarán son: garavanzos cocidos, pasta alimenticia espagueti, macedonia de verduras en conserva, pera e macedonia de froitas en conserva, atún e sardiñas en conservas, conserva de porco (magro), batidos de chocolate, arroz branco, leite UHT, tomate frito, galletas, tarritos infantís de froita e de pito, e aceite de oliva.
Trátase de alimentos especialmente nutritivos, que van contribuír a satisfacer as necesidades de persoas adultas e, de maneira especial, dos menores.
Relacionadas:
-
Cruz Vermella Pontevedra tamén 'Responde' ante os colectivos máis desprotexidos polo coronavirus
Por Redacción |
-
O Banco de Alimentos repartiu 200.000 quilos de comida en Pontevedra durante 2019
Por Redacción |
-
O Programa de Axudas Alimentarias do Goberno repartirá 1,7 millóns de quilos en Pontevedra nun ano
Por Redacción |