Discoteca para toda a familia na Festa do Entroido en Ponte Caldelas
Por Redacción
A antiga discoteca Reivi volve abrir as súas portas este martes 24 de febreiro con motivo da celebración da cuarta edición da Festa do Entroido no Concello de Ponte Caldelas. Os candelenses poderán asistir en familia ao evento, que se estenderá ata pasadas as 22:00 horas da noite, e na que se anima tanto a pequenos coma a maiores a ir disfrazados.
O acto contará co desfile propio do Entroido, cotillón, un photocall e a animación musical brindada polo grupo 3.com. Ademáis, estarán dispoñibles gratuitamente para todos os asistentes as tradicionais filloas de carnaval.
Por outra banda, o habitual Entroido de Verán que se celebra no municipio continuará este mes de xuño cos desfiles de comparsas, de grupos e individuais. As bases para a participación na cabalgata publicaránse no mes de maio, fixando así as dúas citas importantes co entroido en Ponte Caldelas.