As axencias de viaxes locais, principais afectadas debido ao coronavirus
Por Sara Iglesias & Cristina Saiz
O mundo está asustado. Tras a primeira alerta por coronavirus en China a finais do ano 2019, os casos non paran de crecer. Xa son 2.700 os falecidos e hai preto de 80.000 contaxiados, a maioría deles, procedentes de Asia, e con casos illados en Europa e Norteamérica.
A gravidade da situación comeza a notarse sobre todo despois dos sete falecidos que se rexistraron no norte de Italia durante os últimos días, o que fai que a sociedade se sinta cada vez máis desprotexida.
En España rexistráronse cinco casos desta enfermidade, e actualmente, un hotel de Tenerife onde se hospedou un turista italiano, que deu positivo por coronavirus, está en cuarentena. O Ministerio de Saúde insistiu en transmitir unha mensaxe de tranquilidade á poboación.
No boletín informativo de Evaluación de Riesgo e Medidas do Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitarias, aseguran que se isto ocurrira en España, existen suficientes mecanismos de contención, que inclúen protocolos clínicos, unha rede asistencial e de saúde pública coordinada e capacidade suficiente para a diagnose e tratamento dos casos. Na situación actual, o risco global para a saúde pública en España se considera moderado.
Con todo, ademáis das miles de mortes e o rápido avance da enfermidade, a Organización Mundial da Saúde (OMS), alertou o luns 24 de febreiro sobre unha "eventual pandemia" debido ao aumento dos casos por coronavirus en Italia, Irán e Corea do Sur. Isto está a afectar tamén aos mercados financieiros e á bolsa, que en Europa perdeu máis do 3% por medo ao coronavirus.
No ámbito local, algúns comercios comezan a verse ameazados debido a problemas de distribución das compañías coas que traballan. Entre os principais afectados atópanse as tendas de electrónica, xa que, a maioría de produtos que venden, proceden de China. O problema está en que comeza a haber escaseza de determinados produtos e iso incrementa o prezo. Segundo a encargada de PC Box, Judith Meiriño, o que máis escasea son os smartphones, cables e discos duros. Os almacéns comezan a baleirarse e non se repón a mercancía, xa que comeza a haber moita restricción en China.
"Recibimos un correo electrónico dun subministrador de produtos de electrónica que nos dixo que non tiña mercadoría e que non podía distribuirnos máis eses produtos, que procedían de China"
Aínda que en menor medida, as tendas de recambios e electrodomésticos tamén teñen algúns problemas puntuais cos seus distribuidores. Comenta Cecilia Fernández, dependienta de Recat, que non sofren contratempos maiores, xa que a maioría da mercadoría procede de España. "Recibimos un correo electrónico dun subministrador de produtos de electrónica que nos dixo que non tiña mercadoría e que non podía distribuirnos máis eses produtos, que procedían de China", manifesta.
A afluencia de turistas de orixe asiático non é moi grande en Pontevedra, polo tanto, os hoteis non están a sufrir, polo momento, cancelacións. As reservas de turistas europeos se manteñen. Quizais coa chegada do verán, a situación cambie un pouco, sobre todo, debido a que é a época do ano onde máis asiáticos fan o Camiño de Santiago. De momento, non se pode falar de crise a nivel hoteleiro.
O que si está a saír mal parado é o sector das viaxes. "Los clientes tienen miedo", asegura Meli Gónzalez, empregada de Viaxes Beiramar. Saír do país comeza a ser tema de preocupación entre os viaxeiros, e, algúns xa cancelaron os seus voos a China. Co último brote rexistrado en Italia, as chamadas á axencia son continuas. A pregunta máis recurrente é qué é o que vai pasar e se van a poder voar aos seus destinos europeos.
Moita clientela comeza a cambiar as súas viaxes a Asia a outros destinos considerados seguros, como Sudámerica, comenta Adrián Albar, que traballa na axencia de viaxes 365 Días. "El miedo está muy generalizado", afirma Albar. Os clientes buscan a seguridade nas palabras dos axentes de viaxes, que de momento, non poden asegurar nada.
Así pois, de momento, o negocio local non está a sufrir grandes cambios, aínda que se espera que co paso do tempo e a evolución do coronavirus as circunstancias relacionadas coa enfermidade cambien. O futuro, máis que nunca, é incerto.
Relacionadas:
-
Os axentes de viaxes mobilízanse para reclamar solucións para o sector turístico
Por Manu Otero |
-
O coronavirus pecha os grandes hoteis de Sanxenxo
Por Oskar Viéitez |
-
A suspensión de eventos polo coronavirus preocupa á hostelería de Pontevedra ante a cancelación de reservas
Por Boris Rodríguez Pintos & Anxo Lourido |
-
A Xerencia asegura que esta Área Sanitaria está preparada para afrontar o coronavirus
Por Oskar Viéitez |
-
Profesionais sanitarios denuncian a "neglixente" actuación do Sergas ante o coronavirus
Por Redacción |
-
Os médicos consideran "inadmisible" facer acopio de máscaras polo coronavirus
Por Redacción |