Catro persoas afectadas por inhalación de gas nunha vivenda en Pontevedra
Por Oskar Viéitez & Diego Torrado
Catro persoas precisaron asistencia médica esta tarde ao presentar síntomas de intoxicación por inhalación de monóxido de carbono nunha vivenda en Pontevedra. Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, as persoas intoxicadas foron trasladadas a un centro médico.
Sucedeu na Avenida de Médico Ballina, á altura do número 14.
Foi o persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 quen alertou dos feitos ao 112 Galicia ao fío das 15:30 horas.
A partir de aí, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia se puxo a situación en coñecemento dos Bombeiros de Pontevedra, da Policía Nacional e Local, de Protección Civil e da empresa subministradora do gas.
Segundo puido saber o 112 Galicia, todo apunta a que a fuga de gas debeuse ao defectuoso funcionamento dun quentador de auga.