Luís Bará repetirá como número 1 do BNG pola provincia de Pontevedra
Por Redacción
As eleccións para o Parlamento Galego están ao virar a esquina e os partidos políticos ultiman a confección das súas listas. Os últimos en propoñer candidatos foron os do Bloque Nacionalista Galego, que despois do proceso de elección da militancia a través das asembleas comarcais, que deron un apoio unánime ao actual grupo parlamentario, acordaron repetir candidatos en todas as provincias.
O número uno da lista pola provincia volverá ser Luís Bará, que estará novamente acompañado pola deputada Montse Prado como número dous. Ana Pontón, candidata á presidencia da Xunta, liderará a lista da Coruña; Olalla Rodil, a de Lugo e Noa Presas, a de Ourense.
Os nacionalistas centrarán a súa campaña na defensa da sanidade e os servizos públicos, os sectores produtivos, a igualdade real, a loita contra a precariedade, a loita contra a discriminación do Estado, a presentación de alternativas en materia de financiamiento, infraestruturas e máis autogoberno.
As listas que o BNG presentará ás eleccións do 5 de abril combinan, en palabras de Pontón, experiencia e renovación e unha aposta decidida pola presenza de mulleres e xente nova.
A conformación destas listaxes concluirá coa súa aprobación definitiva por parte do Consello Nacional, máximo órgano de dirección entre asembleas, o sábado 29. Unha aprobación que poñerá fin a un proceso no que participaron preto de 1.500 persoas de 25 asembleas comarcais de toda Galicia.
Relacionadas:
-
O BNG confirma a Alexandra Fernández e Manu Lourenzo para a súa candidatura por Pontevedra
Por Redacción |
-
Alexandra Fernández 'ficha' polo BNG e integrarase na súa candidatura por Pontevedra
Por Redacción |
-
O Comité Executivo Provincial do PSOE elabora a candidatura por unanimidade
Por Oskar Viéitez |
-
María Pierres encabeza a candidatura elixida pola militancia socialista para as eleccións do 5 de abril
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada
-
Os socialistas comezan a elaborar a candidatura pontevedresa
Por Redacción |
-
Ana Pontón asegura que Pontevedra será o "espello" ao que mirará o BNG se goberna en Galicia
Por Alejandro Espiño & Cristina Saiz |