Moraña acepta a proposta da Xunta e será a nova sede do GES para a comarca do Ulla-Umia
Por Redacción
O Concello de Moraña comunicou este xoves que acepta a decisión da Comisión de Seguimento dos Grupos de Emerxencias Supramunicipais de conceder o servizo para a comarca do Ulla e Umia a este municipio. O obxectivo do goberno local centrarase agora en poñer en marcha o GES no menor tempo posible.
A adxudicación produciuse despois de que o Concello se ofrecera de forma voluntaria como sede despois da supresión do de Valga e a frustrada opción de Caldas. A cabeceira da comarca estaba disposta a albergar este servizo sempre que os gastos fosen asumidos pola Mancomunidade, algo que desde Moraña rexeitaban porque esta institución atópase en vías de disolución.
"A situación de centralidade xeográfica na nosa zona de cobertura permite axilizar os tempos de resposta e diminuír enormemente as zonas de sombra”, destacou a alcaldesa, Luisa Piñeiro. "Máis do 85% do territorio da comarca, conformada por Moraña, Caldas, Portas, Cuntis, Barro, Campo Lameiro e Catoira; vai estar atendido nunha isocrona temporal de menos de vinte minutos", engadiu.
“Os concellos do PSOE non querían o GES, tal e como demostrou Caldas, pero tampouco que fora para un municipio gobernado polo PP. Non entendo a súa postura. Ademais só ofrecen escusas e non solucións, que é o que queren os cidadáns”, declarou a rexedora, criticando tamén a postura da Deputación que, a través do deputado Gregorio Agís, asegurou descoñecer a proposta de Moraña.
Sobre o ofrecemento de Cuntis como sede nas horas previas á adxudicación para Moraña, Piñeiro interprétao como "un último intento desesperado dos socialistas de seguir atrancando a concesión dás Emerxencias porque tecnicamente era inviable, xa que se atopa a 10 minutos do potente GES da Estrada, o que concentraría en exceso o servizo, e ademais empeoraría claramente a cobertura", rematou.
Relacionadas:
-
Os alcaldes do PP piden á Deputación que apoie a creación dos GES en Moraña e A Lama
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada
-
O alcalde de Caldas arremete contra a Xunta tras a sentenza que obriga a Valga a readmitir o persoal do GES
Por Redacción |
-
"Sorpresa maiúscula" na Deputación pola decisión da Xunta de situar o GES en Moraña
Por Oskar Viéitez |
-
Manuel Campos di que "a Xunta utiliza as emerxencias como un xoguete político"
Por Redacción |
-
Moraña ofrécese a acoller o GES do Ulla-Umia despois da renuncia de Caldas
Por Redacción |
-
Caldas só adoptará o GES de Valga se o financian os concellos da Mancomunidade do Ulla-Umia
Por Redacción |
-
Caldas rexeita polo momento acoller o GES de Valga ante as "dúbidas" sobre o seu traslado
Por Redacción |
-
O GES de Valga vaise reubicar en Caldas de Reis
Por Redacción |