Un convenio permitirá acometer a reforma da travesía interior de Tenorio ao longo de 2020
Por Redacción
Tenorio humanizará a súa travesía interior, despois de que o Concello aprobase co apoio unánime da corporación a realización dun convenio coa Axencia Galega de Infraestruturas para acometer esta obra.
Esta travesía conta co treito antigo da N-541 que, na actualidade, conforma a arteria principal da parroquia. A súa reforma ascende a 800.000 euros e o alcalde Jorge Cubela espera asinar o convenio coa conselleira de Infraestruturas Ethel Vázquez para que as obras iníciense neste ano 2020.
Os traballos consistirán en demoler as beirarrúas actuais para construír unha senda peonil cun ancho estable de metro e medio, que se realizará cunha pavimentación de cor con 15 centímetros de altura. Ademais, o proxecto contempla a construción de dous muros de contención, nas zonas da parada de autobuses e a que se atopa afectada por un fluxo de auga.
Renovarase tamén o pavimento da calzada, coa instalación de novos sinais, pintado de pasos de peóns con sinais táctiles e a renovación dos servizos de saneamento, pluviais, canalizacións de auga e iluminación público. Mellorarase o acceso ao futuro centro sociocultural, que xa se están construíndo cun orzamento próximo aos 600.000 euros.
A obra da travesía de Tenorio terá unha extensión de 1.400 metros. Nunha segunda fase está previsto que se acometan os 600 metros que quedan de travesía. O Concello encargarase da licitación da obra no primeiro semestre deste ano, que será cofinanciada pola Consellería de Infraestruturas, que achegará 550.000 euros nas anualidades 2020 e 2021. Pola súa banda, o Concello investirá 250.000 euros.
Relacionadas:
-
As beirarrúas da travesía interior de Tenorio serán o dobre de anchas
Por Redacción |
-
A senda peonil de Tenorio estará en construción neste mesmo ano
Por Redacción |
-
Cerdedo-Cotobade proxecta unha senda peonil en Tenorio para mellorar a seguridade na zona escolar e deportiva
Por Redacción |
-
Comeza a construción do Centro Sociocultural de Tenorio cun orzamento de 583.000 euros
Por Redacción |
-
O Concello proxecta acometer este ano a humanización da travesía interior de Tenorio
Por Redacción |