O PSOE de Cotobade pide unha nova localización para a feira mensual
Por Redacción
O Partido Socialista de Cotobade solicitará vía moción no pleno municipal que se busque un novo lugar para situar a feira mensual de Carballedo.
Esta feira, que se celebra cada segundo venres de mes, tiña lugar inicialmente na Praza da Chan, pero tras a reforma deste espazo foi necesario un traslado ao ser imposible a colocación de postos e a entrada de camións ao recinto.
Desde entón o goberno local encabezado decidiu aproveitar o aparcamento situación fronte ao Centro de Saúde.
"Na parroquia de Carballedo sobra sitio para reubicar o mercadillo mensual e respetar o aparcadoiro para o fin que lle corresponde, que non é outro que darlle servicio a todos os usuarios e permitir facilitarlle así os nosos veciños aparcar perto de centro de saúde, tendo en conta sobre todo que moitos son maiores e con mobilidade reducida", sinala a portavoz socialista, Lina Garrido, na súa exposición.
Segundo o PSOE, activouse unha recollida de firmas no propio centro de saúde como iniciativa popular.