Cerdedo-Cotobade suma un novo centenario á súa listaxe de cidadáns con máis dun século de vida
Por Redacción
O padrón municipal de Cerdedo-Cotobade conta cun novo centenario. Este venres, o alcalde Jorge Cubela desprazábase a unha residencia en Poio para felicitar a Aquilino Pazos, que esta semana cumpría 100 anos de vida.
Con este aniversario, o Concello xa conta cunha vintena de persoas que superan o século. Cubela fixo unha paréntese na súa recente baixa por paternidade para trasladar as súas felicitacións a Aquilino Pazos, que recibiu en nome do Concello un ramo de flores e un libro.
Cerdedo-Cotobade é o segundo municipio con máis cidadanía que supera os 100 anos na comarca de Terras de Pontevedra, alcanzando os vinte. Tan só está superado polo Concello de Pontevedra, que rexistra 35. Segundo o goberno local, en cifras porcentuais o liderado corresponde a Cerdedo-Cotobade porque Pontevedra conta cunha poboación quince veces superior.
Cubela afirma que a atención a persoas maiores e dependentes no seu municipio é unha prioridade absoluta e están incrementando o investimento en Servizos Sociais, investindo 125 euros por habitante ao ano para este fin.
Relacionadas:
-
Os cen de Palmira
Por Redacción |