Corina Porro e Alfonso Rueda escoltarán a Núñez Feijóo na candidatura do PP ás eleccións galegas
Por Redacción
O Partido Popular desvelou os detalles sobre os primeiros postos da candidatura que, pola provincia de Pontevedra, presentará ás eleccións galegas do próximo 5 de abril.
Como estaba previsto, estará encabezada polo propio Alberto Núñez Feijóo, que volverá a presentarse por Pontevedra. A gran novidade é o regreso da ex alcaldesa de Vigo, Corina Porro, que tras meses como delegada da Xunta na cidade olívica, ocupará o número 2 da lista.
No terceiro posto irá o actual vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, presidente do Partido Popular de Pontevedra, segundo confirmou este sábado a formación conservadora.
Núñez Feijóo destacou o "compromiso" e a "dedicación" de Corina Porro e agradeceulle que aceptara acompañalo á fronte da candidatura por Pontevedra que, nos seus termos completos, vaise a coñecer o próximo luns.
Rueda asegurou que esta candidatura é a "máis potente" da provincia ao combinar "experiencia, rigor e estabilidade" e contar con varios dos actuais conselleiros en lugares "preferentes" da lista.
A candidatura terá en conta tamén, segundo o presidente provincial, o "equilibrio territorial" da provincia atendendo ás cidades e ás comarcas máis poboadas.
Ademais, fronte a partidos que "non son capaces de gobernar a súa propia casa", Alfonso Rueda destacou que a "unidade" e o "traballo en equipo" son outros dos valores da candidatura que o Partido Popular presentará por Pontevedra.
Relacionadas:
-
Feijóo asegura que "sin fondos europeos, en Galicia no llegamos a fin de mes"
Por Oskar Viéitez |
-
Lupe Murillo repetirá, como número 5, na candidatura do PP ás eleccións galegas
Por Alejandro Espiño |
-
Feijóo asegura en Pontevedra que "en motivación e gañas son o candidato máis mozo"
Por Oskar Viéitez |
-
Feijóo insta os populares pontevedreses a facer unha campaña "que non moleste á xente"
Por Oskar Viéitez & Cristina Saiz |