A despedida do Entroido sabe a lacón con grelos en Cuntis
Por Redacción
Un ano máis, a Festa do Lacón con Grelos de Cuntis superou todas as expectativas. Máis de tres mil persoas, aos que se suman os comensais que optaron polos restaurantes do municipio, participaron na degustación deste manxar tan típico do entroido galego.
Todos eles, dunha maneira ou outra, puideron saborear un menú composto por lacón, grelos, pataca, chourizo, pan, bebida, filloas e café, que foron servidos nas mesas da carpa situada na Praza da Constitución.
Esta comida popular foi o núcleo central dunha festa que, desde primeira hora da mañá, encheu de actividade as principais rúas e prazas do centro urbano de Cuntis.
Ademais do pregón, que deu o xornalista pontevedrés Xabier Fortes, os asistentes puideron asistir a unha nova edición da concentración Vespalacón, da feira de artesanía, da exposición da camelia, actividades infantís ou de actuacións musicais.
A guinda a esta festa é o tradicional velorio e o enterro do Chapante, amenizado co grupo Galifunk.
Relacionadas:
-
Os obradoiros do Chapante dan o pistoletazo ao entroido cuntiense
Por Redacción |
-
Unha divertida Gala do Chapante quenta os motores para a Festa do Lacón con Grelos
Por Redacción |
-
Cuntis premia a traxectoria da hostaleira Merchi 'A do Traspaso' dedicándolle a gala do Chapante
Por Redacción |
-
Cuntis prevé superar os 3.000 comensais na súa Festa do Lacón con Grelos
Por Redacción |