Unicef recoñece ao colexio de Meaño como referente en educación en dereitos da infancia
Por Redacción
O colexio de Meaño - As Covas recibiu de parte de Unicef o recoñecemento como centro referente en educación en dereitos de infancia e cidadanía global. É o primeiro colexio galego que pasa a formar parte dunha rede que engloba a 109 centros en toda España.
"Sodes un exemplo e un espello non que mirarnos", declarou a conselleira de Educación, Carmen Pomar, durante o acto de entrega deste galardón. A mandataria puxo en valor a promoción de valores como a solidariedade, a cooperación e o recoñecemento das diferenzas como oportunidades como liñas prioritarias para construír unha escola inclusiva.
Desde a consellería informan que xa teñen en marcha programas educativos centrados a fomentar estes valores como son o Iguala- T, Con-Vive ou Inclue- T. Tres iniciativas que se traballan no colexio de Meaño.
Ademais do traballo para conseguir unha sociedade máis xusta desde a educación, o centro meañés forma parte da rede de colexios plurilingües e participa en proxectos como o Proxecta, E- Dixital ou Bibliotecas Lea 2.
A colaboración entre a conselleria de Educación e Unicef se centra no desenvolvemento de accións conxuntas no ámbito educativo a favor da promoción e difusión dos dereitos da infancia e cidadanía. Ademais, a oenegué pon ao dispor da comunidade escolar os materiais de autoavaliación e lanza cada ano unha convocatoria para recoñecer centros de ensino como referentes en educación en dereitos da infancia, convocatoria dentro da que foi recoñecido o CEIP Plurilingüe de Meaño - As Covas.
Relacionadas:
-
RADIO.- Javier Mur Isaiz: "Non por meter tecnoloxía en Educación estamos a innovar, hai que cambiar a metodoloxía"
Por Marisa Ciordia |
-
Meaño instala dispensadores de xel desinfectante nos edificios e prazas máis transitadas
Por Redacción |
-
Un colexio de Meaño, recoñecido por Unicef como referente en educación en dereitos da infancia
Por Redacción |