Lupe Murillo repetirá, como número 5, na candidatura do PP ás eleccións galegas
Por Alejandro Espiño
O Partido Popular confirmou que Lupe Murillo volverá ocupar un dos principais postos de saída na candidatura que a formación conservadora presentará por Pontevedra nas eleccións galegas do próximo 5 de abril.
A actual presidenta do Pontevedra CF figura como número 5 da candidatura que, como xa se anunciara, estará encabezada polo propio Alberto Núñez Feijóo, ao que segue a ex alcaldesa de Vigo Corina Porro e o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda.
A cuarta praza será para o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, mentres que do 6 ao 9 irán outros altos cargos do goberno galego como os conselleiros de Cultura e Facenda, Román Rodríguez e Valeriano Martínez, o delegado da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, e a viguesa Marta Fernández Tapias, directora xeral de Administración Local.
Elena Suárez (Vilagarcía) pechará os dez primeiros postos dunha lista da que, entre outros, cae o pontevedrés Jacobo Moreira, que non repetirá como deputado tras dúas lexislaturas no parlamento galego. Tampouco estará, tras once anos con escano, a arousá Marta Rodríguez.
O segundo tramo da candidatura ábreo o deputado Alberto Pazos (Redondela), ao que seguen José Balseiros, ex alcalde de Cerdedo; Nava Castro, directora de Turismo de Galicia; e a tamén deputada viguesa Teresa Egerique, que ocupan os postos do 11 ao 14.
A lista do PP complétase con Feli Rodríguez (Mos), Manuel Santos (Marín), Moisés Rodríguez e Belén Cachafeiro, ex alcaldes de Tui e Forcarei respectivamente, Fernando Pérez (Caldas de Reis), Ana Cristina Pérez Cabaleiro (Salceda de Caselas), María Dolores Hermelo (Cangas) e o edil pontevedrés Guille Juncal, que pecha a candidatura.
O Partido Popular de Pontevedra ten, na actual, once deputados no parlamento galego.
Relacionadas:
-
Feijóo asegura que "sin fondos europeos, en Galicia no llegamos a fin de mes"
Por Oskar Viéitez |
-
Galicia en Común sitúa os pontevedreses Iria Figueroa e Marcos Cal como números 2 e 3
Por Alejandro Espiño |
-
Corina Porro e Alfonso Rueda escoltarán a Núñez Feijóo na candidatura do PP ás eleccións galegas
Por Redacción |
-
Feijóo asegura en Pontevedra que "en motivación e gañas son o candidato máis mozo"
Por Oskar Viéitez |
-
Feijóo insta os populares pontevedreses a facer unha campaña "que non moleste á xente"
Por Oskar Viéitez & Cristina Saiz |