A oposición solicita un pleno extraordinaria ante as pretensións de Telmo Martín de privatizar o Servizo de Axuda no Fogar
Por Redacción
Representantes do PSOE, BNG e Ciudadanos, os partidos na oposición na corporación de Sanxenxo, uniron as súas forzas para solicitar este martes un pleno extraordinario para que se debata o Servizo de Axuda no Fogar (SAF).
O venres, integrantes destas agrupacións mantiñan un encontro co comité de empresa do persoal do Concello de Sanxenxo e dos sindicatos con representación local para coñecer con detalle a situación na que se atopa este servizo ante o anuncio do alcalde Telmo Martín de privatizar o SAF.
Por este motivo, queren que no pleno extraordinario se debata e se vote sobre a idoneidade da permanencia de Daniel Arousa no cargo do concelleiro delegado tras o "anuncio público da súa incapacidade para xestionar o servizo". Tamén reclaman que se solicite mediante convenio coa Xunta de Galicia para a realización en Sanxenxo de cursos formativos e a obtención do certificado de profesionalidade na atención sociosanitaria a persoas dependentes.
Queren que se solicite á Consellería de Educación a incursión no próximo curso do Ciclo Medio de atención ás persoas en situación de dependencia no instituto de Vilalonga. Por último, solicitan o debate e a votación sobre a externalización a unha empresa privada do SAF que anunciou o goberno local.
Os grupos da oposición alertan a Telmo Martín de que se non convoca este Pleno Extraordinario quedará automaticamente convocado para o décimo día hábil seguinte á finalización dos 15 días hábiles que teñen o alcalde para convocalo.
Tamén solicitan ao alcalde que convoque este pleno á mesma hora que os ordinarios, ás 20.30 horas, para que poidan asistir as persoas afectadas e a cidadanía en xeral.
Relacionadas:
-
BNG e Cidadáns unen forzas en Sanxenxo para impedir o desmantelamento do Servizo de Emerxencias
Por Redacción |
-
Sae a licitación a xestión do servizo de Axuda no Fogar por 4,5 millóns de euros
Por Redacción |
-
VÍDEO.- Tensión no Pleno de Sanxenxo pola privatización do Servizo de Axuda no Fogar
Por Oskar Viéitez |
-
Sanxenxo fixa para o día 9 os dous plenos extraordinarios suspendidos polo estado de alarma
Por Redacción |
-
Solicitan urxentemente medidas polo coronavirus no sector de axuda a domicilio
Por Oskar Viéitez |
-
O goberno local de Sanxenxo acusa á oposición de "trasnoitada e hipócrita" por "axitar o medo da falsa privatización"
Por Oskar Viéitez |
-
Recollida de sinaturas e protestas no pleno, primeiras medidas sindicais contra a privatización do Servizo de Axuda no Fogar
Por Anxo Lourido |
-
Cidadáns critica ao concello por privatizar o SAF
Por Oskar Viéitez |