Marín mellora o saneamento e amplía o ancho da rúa da Costa
Por Redacción
As obras de saneamento da Rúa da Costa, no Concello de Marín, danse por concluídas despois da implantación de 90 metros de canalizacións que permiten separar as augas pluviais das residuais, así como a renovación do pavimento e a ampliación do ancho da vía.
A mellora das canalizacións realizáronse a través da instalación dunha nova cometida de pluviais para que as augas da choiva procedentes da contorna do colexio San Narciso non sobrecarguen a rede de residuais.
A supresión das cunetas, inncesesarias despois da instalación da rede de sumidoiros, permitiu aumentar a amplitude da estrada despois dunha obra que tivo un custo de 39.960 euros.