A conselleira reúnese cos directores de centros educativos da provincia
Por Oskar Viéitez
A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, acompañada do seu equipo directivo, reuniuse este martes coas persoas directoras dos centros educativos da provincia de Pontevedra, co obxectivo de analizar o transcurso do actual curso escolar.
Así mesmo, informouse sobre próximas convocatorias e fíxose unha previsión do próximo curso 2020/2021.
A xuntanza, que se celebrou na Delegación da Xunta en Pontevedra, as directoras e directores tiveron tamén a oportunidade de resolver diversas dúbidas.
SUMILLERÍA
Carmen Pomar xunto ao vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, también asistiron este martes a unha comida celebrada no marco da programación do VII Campionato de Sumillería Suso Domínguez, dirixido a escolas de hostalería de Galicia, Asturias, Castela e León e Portugal, e organizado polo CIFP Carlos Oroza.
EMPRENDEMENTO
Previamente o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, visitou unha ludoteca para nenos a partires de 3 anos constituída por tres emprendedoras que foron beneficiarias do programa Emega e que contribúe a fomentar a conciliación da vida laboral, persoal e familiar na zona do Salnés.