Case corenta pontevedreses perderon o carnet por controis de Tráfico e as policías locais
Por Redacción
A colaboración entre o Subsector de Tráfico da Garda Civil de Pontevedra coas policías locais que están adheridos ao acordo mutuo de coordinación está a ser tremendamente eficaz, segundo as autoridades, para retirar das estradas a condutores imprudentes.
A este respecto, a Garda Civil sinala que, desde que se están realizando estes operativos conxuntos, 36 condutores foron apartados das vías públicas por cometer infraccións administrativas ou penais que conlevan a inmobilización do vehículo.
Este foi un dos datos que se analizaron na reunión que responsables do Subsector de Tráfico mantiveron con representantes da policías locais que colaboran con eles.
Nesta reunión, tamén se acordou dar continuidade a estes operativos conxuntos, xerar un calendario periódico de intervencións de ambos os corpos e deseñar dispositivos integrais, máis eficientes e eficaces, onde se empregarán novas tecnoloxías que axuden a controlar e vixiar o cumprimento da Lei de Seguridade Viaria.
Así, entre outras medidas incorporaranse os equipos do Subsector de Tráfico que contan con información específica sobre os condutores de risco.
O obxectivo destas medidas encamiñadas a unha maior cooperación e colaboración operativo-policial é poder disuadir e concienciar aos condutores da importancia de realizar unha condución responsable e retirar da circulación a aqueles que non se atopen en condicións de efectuar unha condución segura.
Relacionadas:
-
Interceptan en Poio dous condutores co permiso caducado ou sen puntos
Por Redacción |
-
Comproban que un condutor quintuplicaba a taxa de alcohol permitida ao perder o control do seu coche en Cerponzóns
Por Redacción |
-
Investigan un condutor en Caldas ao dar positivo en alcohol e drogas
Por Redacción |