A Subdelegación do Goberno coordina un plan para previr a violencia machista e o acoso en centros escolares
Por Manu Otero
A Subdelegación de Goberno de Pontevedra foi escenario este xoves da constitución da comisión de seguimento do plan director para a mellora da convivencia e a seguridade nos centros educativos e as súas contornas. Unha iniciativa que consiste na realización de cursos de formación dirixidos ao alumnado, profesorado e pais e nais para informar e formar sobre diversos asuntos que afectan as relacións entre os diferentes actores da comunidade educativa.
Antes de iniciar a reunión, na que participaron a subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba; o coordinador do plan e máximo responsable da Alta Inspección Educativa de Galicia, Manuel Regueiro; representantes da Consellería de Educación, o xefe territorial de Educación, César Pérez Ares; inspectores de educación e os responsables de Policia Nacional e Garda Civil; Larriba repasou os datos de participación neste plan ao longo do 2019.
Os cursos de formación impartidos centráronse principalmente no uso de novas tecnoloxías, consumo de drogas, situacións de acoso, violencia de xénero ou o risco de formación de bandas xuvenís nos centros. Unhas sesións que se realizaron en máis dun milleiro de centros escolares de toda Galicia, dos que 383 pertencen á provincia de Pontevedra.
En total, foron máis de 40.000 os alumnos participantes, así como 1.064 profesores e máis de 2.000 pais e nais. "Produciuse un aumento do 14% na participación de alumnos e alumnas e un 12% de pais e nais", destacou a subdelegada.
No referente á tipoloxía da formación, 476 cursos foron sobre o uso de novas tecnoloxías, 166 sobre acoso escolar, 104 sobre violencia de xénero, 90 sobre drogas e 21 sobre bandas xuvenís.
"Os cursos con maior incremento de participantes foron os relacionados coa violencia de xénero", puntualizou Larriba, quen engadiu que "afortunadamente os casos de menores agresores ou de vítimas desta violencia practicamente son inexistentes, pero si que é verdade que nos centros escolares hai plans, montados polos propios equipos directivos, de prevención da violencia de xénero".
Relacionadas:
-
Formación sobre o uso seguro das novas tecnoloxías, principal demanda dos centros educativos para previr a delincuencia
Por Redacción |
-
A violencia de xénero non entende de covid: 1.114 casos activos na provincia de Pontevedra
Por María José Pita |
-
A Policía Nacional pon en marcha un dispositivo especial de vixilancia nos centros educativos de Pontevedra
Por Redacción |
-
As condicións laborais das mulleres, a debate na Subdelegación do Goberno
Por Redacción |
-
A Subdelegación volve convocar a mesa de violencia machista para fomentar a prevención
Por Redacción |
-
A ciberdelincuencia non para de crecer e é xa o delito máis numeroso en toda a provincia
Por Natalia Puga & Cristina Saiz |