Un concelleiro do BNG en Caldas, agredido por un empresario tras denunciar verteduras ilegais
Por Natalia Puga
Creada e actualizada
Creada e actualizada
O concelleiro do BNG en Caldas de Reis Manuel Fariña tivo que ser evacuado este xoves ao Hospital Montecelo de Pontevedra despois de ser vítima unha agresión por parte dun empresario do municipio. A agresión chega despois de que o edil caldense denunciara verteduras ilegais de entullos nun monte de Saiar.
Segundo a información facilitada por fontes do BNG, o empresario presuntamente responsable das verteduras foino buscar á casa para ensinarlle a zona do monte na que se realizaron a agresión produciuse no propio monte sobre as 12.30 horas deste xoves.
Unha vez que Manuel Fariña constatou que a vertedura seguía, o outro home alporizouse, empezou unha discusión que foi subindo de ton e finalmente arreoulle unha puñada e tirouno ao chan.
Despois da agresión, o agredido alertou a unha ambulancia, que o trasladou ao Hospital Montecelo para ser atendido. Presenta danos nun nocello e feridas nas costas.
Manuel Fariña xa manifestou que, unha vez que reciba a alta médica acudirá á Garda Civil para presentar denuncia do sucedido.
Ata Montecelo desprazouse o deputado do BNG e cabeza de lista desta agrupación ás eleccións autonómicas do 5 de abril Luís Bará, que lle trasladou o apoio da formación nacionalista no desempeño da súa función como concelleiro e na defensa do medio ambiente. Quere deixar clara a mensaxe de que ninguén amedentrará aos cargos nacionalistas no exercicio da súa función política.
Manuel Fariña tamén recibiu o apoio de Eva Vilaverde, membro da Executiva do BNG, que lle trasladou o apoio de toda a organización.
Bará fue contundente y aseguró que las agresiones físicas y amenazas como las sufridas por Fariña "desde luego no nos van a amedrentar ni atemorizar" e insistió en que "vamos a estar siempre en el primer plano dando la cara y batalla denunciando las agresiones al público, al monte, al medio ambiente", ya que esa "es una marca que nos caracteriza en el BNG y Manu Fariña es un ejemplo del trabajo hecho con valentía, sin miedo defendiendo el interés común".
El alcalde de Caldas de Reis, el socialista Juan Manuel Rey, en nombre de la Corporación Municipal y del equipo de Gobierno, también mostró su condena por la agresión y expresó su más enérgico rechazo y repulsa por esta acción violenta. El regidor insiste en denunciar de manera rotunda un hecho que considera muy grave y totalmente fuera de lugar en una sociedad democrática y civilizada.
Relacionadas:
-
A Xunta sanciona unha empresa con 12.000 euros por verter entullos nos montes de Saiar
Por Alba Feijoo Alonso |
-
A Audiencia confirma a condena ao empresario que agrediu o portavoz do BNG de Caldas
Por Natalia Puga |
-
Condenan o empresario xulgado por agredir ao voceiro do BNG en Caldas
Por Natalia Puga |
-
O BNG anuncia que recorrerá a sentencia pola agresión Manuel Fariña porque se xulgou como delito leve
Por Redacción |
-
O empresario acusado de agredir o voceiro do BNG en Caldas, a xuízo
Por Redacción |
-
Centos de toneladas de entullos aparecen nun vertedoiro incontrolado nos montes de Saiar
Por Redacción |