Este venres da comezo a primeira Ruta da Tapa de Inverno en Bueu
Por Redacción
Este venres, día 6 de marzo, dá comezo a I Ruta da Tapa de Inverno na localidade de Bueu. Este roteiro durará dez días, rematando na xornada do 15 de marzo, domingo.
O certame gastronómico, impulsado pola Asociación de Empresas Hostaleiras de Bueu (AEHBU) e coa colaboración do Concello de Bueu, permite a degustación das 16 tapas procedentes dos seus correspondentes locais participantes.
O obxectivo primordial desta iniciativa é a promoción da gastronomía local da vila de Bueu.
A través duns boletos repartidos por cada un dos locais, os clientes poderán participar nun sorteo de 250 euros distribuídos en 5 premios de 50 euros para disfrutar da hostalaría bueuense (asociados á AEHBU).
Para ter a oportunidade de participar no sorteo, tan so, hai que consumir 5 tapas diferentes, acadar con cada tapa un selo no establecemento e depositar o boleto selado cos datos persoais nunha das urnas que a organización entregou en cada nun dos establecementos participantes. Os locais tamén disporán duns mapas para ubicar aos negocios participantes e informar máis detallada e gráficamente aos consumidores.
Os locais da Ruta bueuense cos nomes das súas respectivas tapas son os seguintes: A Centoleira ("Horta e Mar"), A Esmorga ("BeefPork"), Aturuxo ("Tosta Rural"), Tapería Mariñeira Baiuca ("O Lajarto Baiuca"), Buena Vibra Restobar ("Arepa Red Love"), Casa Benito ("Dulceamargor"), Restaurante Casa Quintela ("Ovo frito con patacas e chourizo"), La Perfecta ("Coca de tataki de vaca con kale e maionesa de tomate seco"), Noite Tapas ("A Patata do Cocido"), O Farol ("Tartaleta Polo Chiplote"), O Pazo Tapería 2.0 ("Sabores do Campo"), Cofee & Cocktail O Ratiño Pequeño ("O Cocido do Rato"), Cafetería Centro Social ("Cabaza con noces e gorgonzola"), Vinoteca A Cepa ("Lura rechea de Espinacas e Piñons"), Volver ("Mantecaito") e La Zarzamora ("Potito de Polbo").