Unha muller e un menor sofren un atropelo na avenida das Carolinas
Por Redacción
Dúas persoas, unha muller e un menor, eran atropeladas na Avenida das Carolinas na tarde deste xoves no municipio de Vilagarcía de Arousa.
O accidente producíase ao redor das 17.40 horas, segundo informa o servizo de Emerxencias do 112 Galicia, á altura do número 68 nesta vía de entrada ao núcleo urbano do Concello.
Segundo informaron os servizos sanitarios ao 112 Galicia, dúas ambulancias desprazábanse ata o lugar para atender ás persoas que sufriron feridas de diversa consideración.
Desde o 112 Galicia tamén se informaba á Policía Local, aos Bombeiros do Salnés e a efectivos de Protección Civil da localidade.