A Garda Civil e Protección Civil suman esforzos para mellorar a seguridade viaria
Por Redacción
A Comandancia da Garda Civil de Pontevedra acolleu esta semana unha reunión de coordinación operativa para sumar esforzos entre o instituto armado e Protección Civil para mellorar ao seguridade viaria.
O encontro realizouse na mañá deste xoves 5 de marzo e reuniu a responsables do Subsector de Tráfico de Pontevedra e representantes da Asociación Provincial de Agrupación e Asociacións de voluntarios de Protección Civil de Pontevedra.
A Garda Civil está a promover a colaboración con outras institucións e corpos policiais e de seguridade para lograr mellorar a seguridade viaria. Nesta liña de colaboracións, por exemplo, nos últimos meses potenciaron os controis conxuntos con distintas policías locais da provincia.