Un condutor bate co seu coche contra un semáforo na avenida de Andurique
Por Oskar Viéitez
Un veciño de Valga, de 60 anos, precisou de asistencia médica tras sufrir un accidente de tráfico na avenida Andurique, en San Salvador.
A Policía Local de Poio informa de que a furgoneta que conducía, en dirección a San Xoán, saíuse da vía e colidiu contra un semáforo.
Ademais do corpo de seguridade, achegouse ata o lugar dos feitos unha ambulancia.
O home queixábase de dor no peito, pero non foi preciso trasladalo a un centro hospitalario.
O corpo de seguridade sospeita que o condutor, que viaxaba só, pudo queidarse durmido ao volante.
A Policía Local reclamará á aseguradora do vehículo os danos materiais causados no semáforo, que perdeu as sinais luminosas superiores como consecuencia do impacto.