Quirónsalud Miguel Domínguez e a Federación de Confrarías de Pescadores colaboran para atender as necesidades de máis de 5.000 profesionais
O Hospital Quirónsalud Miguel Domínguez vén de asinar un convenio de colaboración coa Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Pontevedra, formada por 22 confrarías, para atender as necesidades sanitarias de máis de 5.000 profesionais do mar.
O hospital comprométese a prestar unha asistencia sanitaria de calidade, rápida e preferente. Ademais, pon á súa disposición un equipo de 7 médicos traumatólogos cunha ampla experiencia na detección e tratamento de lesións de ombreiro, xeonllo, pulso e cadeira.
Estas articulacións son as que máis lesións sofren os profesionais. A tendinite crónica do manguito dos rotadores de ombreiros, a bursite crónica de xeonllo ou a síndrome do túnel carpiano son doenzas frecuentes do marisqueo a pé, a pesca do cerco, a extracción do percebe ou a confección e reparación das redes, segundo un informe de Instituto Galego de Saúde Laboral (ISSGA).
O hospital dispón da última tecnoloxía para realizar probas diagnósticas con radioloxía de alto campo e obter un correcto diagnóstico para iniciar o tratamento de maneira inmediata.
O presidente da Federación Provincial de Confrarías de Pescadores, José Manuel Rosas Otero, explicou que o Comité Executivo valorou positivamente o acordo, "supón unha mellora para os profesionais na atención de patoloxías que habitualmente sofren no seu traballo", indicou. Agradeceu "a sensibilidade de Quirónsalud cos pescadores e mariscadores da provincia de Pontevedra" e sinalou que a Federación apoiará "proxectos en beneficio dos intereses sociais, económicos ou que signifiquen avances para o benestar dos socios e socias das Confrarías de Pescadores".
Óscar Alonso, xerente do Hospital Quirósalud Miguel Domínguez, explicou que este acordo se enmarca nunha estratexia de Quirónsalud para converterse en "hospital de referencia" para as "necesidades concretas dos colectivos profesionais" da provincia de Pontevedra. Cun claro compromiso coa "asistencia sanitaria de calidade, rápida e personalizada", sinalou.
SOBRE QUIRÓNSALUD
Quirónsalud é o maior grupo hospitalario de España e o terceiro de Europa. Conta con máis de 35.000 traballadores en máis de 120 centros sanitarios, entre os que se atopan 45 hospitais que ofrecen 6.800 camas hospitalarias. Dispón da tecnoloxía máis avanzada e dun grande equipo de profesionais altamente especializados e de prestixio internacional. Entre os seus centros, atópanse o Centro Médico Teknon, Ruber Internacional, Hospital Universitario Quirónsalud Madrid, Fundación Jiménez Díaz, Hospital Quirónsalud Barcelona, Hospital Universitario Dexeus, Policlínica de Guipúscoa, etc.
O Grupo traballa na promoción da docencia (oito dos seus hospitais son universitarios) e a investigación médico- científica (conta co Instituto de Investigación Sanitaria da FJD, único centro investigador privado acreditado pola Secretaría de Estado de Investigación, Desenvolvemento e Innovación).
Así mesmo, o seu servizo asistencial está organizado en unidades e redes transversais que permiten optimizar a experiencia acumulada nos distintos centros e a translación clínica das súas investigacións. Actualmente, Quirónsalud está a desenvolver máis de 1.600 proxectos de investigación en toda España e moitos dos seus centros realizan neste ámbito un labor punteiro, sendo pioneiros en diferentes especialidades como oncoloxía, cardioloxía, endocrinoloxía, xinecoloxía e neuroloxía, entre outras.
Relacionadas:
-
Fisioterapeutas de Quirónsalud fórmanse no tratamento de neuropatías e dores crónicas
Por Noticia patrocinada |
-
Calendario solidario dos traballadores de Quirónsalud en favor da Fibrose Quística
Por Noticia patrocinada |
-
VÍDEO.- Coñecemos o Instituto de Neuro-Rehabilitación Quirónsalud e tres historias de superación
Por Noticia patrocinada |