A Deputación explica nun congreso o éxito das súas medidas de acougado de tráfico
Por Redacción
O deputado provincial Uxío Benítez participou este venres no congreso da rede Cidades que Camiñan que está a ter lugar en Cádiz para reclamar a recuperación dos espazos públicos. "É un dereito da cidadanía", declarou o nacionalista ante un auditorio con máis dun centenar de persoas.
No seu discurso, o deputado destacou a importancia das medidas de acougado de tráfico que a Deputación implantou en diversos municipios a través das diversas edicións dos plans de mobilidade e velocidade segura consistentes na instalación de redutores de velocidade e a creación de zonas 30 e zonas 20. Medidas que contribuíron a rebaixar a sinistralidade nas estradas pontevedresas.
Lembrou Benítez que a Deputación editou unha guia nas que se explican os pormenores técnicos dos redutores instalados na provincia que se pode descargar de forma gratuíta na web oficial e na que tamén se explica a efectividade da redución das velocidades para salvar a vida dos peóns nos atropelos.
Relacionadas:
-
Lores, desde Cádiz: "As cidades aínda son almacéns de coches, espazos agresivos, perigosos, que expulsan ás persoas"
Por Redacción |
-
Pontevedra preside en Cádiz a Asemblea xeral da Rede de Cidades que Camiñan
Por Redacción |
-
Tráfico quere incorporar ao regulamento estatal parte da ordenanza de mobilidade de Pontevedra
Por Redacción |