Caballero promete desde Pontevedra gratuidade en escolas infantís e en primeiras matrículas en universidade
Por Redacción
O candidato do PSdeG-PSOE á presidencia da Xunta de Galicia, Gonzalo Caballero, presentou este sábado na Ferrería a candidatura socialista pola provincia.
No acto, Caballero avanzou que entre as medidas que propoñerán en materia de educación se se fan co goberno autonómico estará a gratuidade nas escolas públicas para nenos e nenas de 0 a 3 anos e nas primeiras matrículas nos graos universitarios.
Esas serán dous das propostas do "compromiso claro" do PSdeG pola educación pública e por un sistema educativo "de calidade", sinalou acompañado dos seus compañeiros de candidatura.
A elas o candidato socialista sumou a gratuidade dos libros de texto, unha FP dual que permita máis formación en empresas, a implantación dun sistema "propio" de bolsas para estudantes de másteres universitarios ou a ampliación da rede de comedores escolares. Ademais, comprometeu que potenciará a rede de escolas infantís públicas para que todos os nenos e nenas de Galicia teñan asegurada unha praza nestes centros.
"Son medidas factibles, que teñen viabilidade económica e encaixe nos orzamentos galegos", destacou o líder socialista na súa breve visita á capital provincial.
Relacionadas:
-
Estiman que 15.000 fogares pontevedreses recibirán o ingreso mínimo vital
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Caballero impulsará as políticas sociais fronte os "recortes e inacción" de Núñez Feijóo
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Carmela Silva, sobre a candidatura do PSOE para o 5A: "Se a min me dixeran 'fai ti unha lista', eu faría esta"
Por Natalia Puga |
-
O PSOE defenestra tamén a María Pierres e coloca a Paloma Castro de número 3 para o 5A
Por Redacción & Natalia Puga |
-
O Comité Executivo Provincial do PSOE elabora a candidatura por unanimidade
Por Oskar Viéitez |
-
María Pierres encabeza a candidatura elixida pola militancia socialista para as eleccións do 5 de abril
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada