Pacto entre PSOE e BNG en Caldas de Reis para aprobar os orzamentos municipais
Por Redacción
Caldas de Reis, salvo sorpresa pouco probable de última hora, aprobará o vindeiro luns 9 de marzo os seus orzamentos municipais para o ano 2020 na sesión plenaria prevista para as 20:00 horas.
Así anunciouno o goberno local tras confirmar que se chegou a un pacto co BNG para apoiar as contas.
O alcalde, o socialista Juan Manuel Rey, ostenta o cargo cunha maría simple de 6 dos 13 edís da corporación, polo que necesitaba do voto favorable dos nacionalistas (2 concelleiros) para sacar adiante o orzamento.
Aínda que o goberno municipal deixa a explicación do pacto alcanzado para unha próxima comparecencia de Rey e do portavoz municipal do BNG, Manuel Fariña, si confirma que se chegou a un punto de encontro para unhas contas que chegarán aos 6 millóns de euros.
Ademais sinala como eixos fundamentais para estes orzamentos "o medio ambiente, o reforzo da atención social, o apoio ao rural e o fomento dunha mobilidade limpa e sostible" nunhas contas que prometen serán "equilibradas para dar continuidade á boa situación económica-financeira municipal".