Rafa Domínguez pide investir medio millón de euros en arranxar o Miradoiro de Monte Porreiro
Por Redacción
O estado no que se atopa o Miradoiro de Monte Porreiro provocou a presentación dunha moción do Partido Popular respecto diso para o seu debate no pleno municipal.
"É sen dúbida un dos espazos singulares máis bonitos e interesantes, non só de Monte Porreiro, senón de toda Pontevedra. A súa localización, e o seu tamaño permitiríanlle ser un foco de atracción incrible para que a xente se achegase ao barrio. Lamentablemente o seu mal estado impide que se poida explotar e que os veciños de Pontevedra poidan gozar plenamente del", sinalou na súa exposición o portavoz do PP, Rafa Domínguez.
O edil popular pide ao goberno local no seu texto o arranxo integral de de este parque cunha dotación orzamentaria de "non menos de 500.000 euros".
Actualmente, defende Domínguez, o Parque Europa sofre problemas de limpeza e problemas como "baldosas rotas nas beirarrúas ou maleza que impide o normal paso de carriños ou persoas con mobilidade reducida".
Ás queixas do portavoz do PP local engádese tamén unha iluminación que "é deficiente en todo o barrio en xeral", sinalou a través dun comunicado.
Relacionadas:
-
Pontevedra modificará o proyecto do skatepark para adaptalo á nova normativa
Por Alejandro Espiño & Cristina Saiz |
-
O PP pide o arranxo do pavillón de Verducido
Por Redacción |
-
A crispación da política nacional entra no pleno a conta da débeda do Estado con Galicia
Por Alejandro Espiño & Cristina Saiz |