Suspenden polo coronavirus os Xogos Nacionais de Trasplantados que se ían celebrar en Pontevedra
Por Diego Espiño
Os efectos do coronavirus COVID-19 chegaron ata Pontevedra afectando a un dos grandes eventos previstos para este ano na cidade, os X Xogos Nacionais de Trasplantados.
A Asociación Deporte e Trasplante España, organizadora do evento que ía ter lugar en Pontevedra entre o 29 de abril e o 2 de maio, confirmou este domingo a súa suspensión.
"Seguindo as recomendacións dadas polas autoridades sanitarias españolas, e en particular as recibidas da Xerencia do Servizo Galego de Saúde (SERGAS), ante a incerteza de como vai evolucionar a situación epidemiolóxica do COVID-19, os X Xogos Nacionais de Trasplantados Pontevedra 2020 deberán ser cancelados ou aprazados", reza o comunicado da asociación.
"Esta recomendación, baseada no principio de precaución, pretende evitar calquera situación de risco innecesario para as persoas que tiñan previsto asistir ao evento, na súa maioría persoas trasplantadas e/ou en diálises (inmunodeprimidas e con outras patoloxías asociadas)", explican os organizadores.
A decisión de suspender os Xogos Nacionais de Trasplantados tomouse por "compromiso e responsabilidade", aseguran pedindo "desculpas polos inconvenientes que esta medida puidese ocasionar".
A intención da Asociación Deporte e Trasplante España é poder retomar a celebración dos Xogos Nacionais en 2021 de novo en Pontevedra "en datas análogas ás previstas para este ano".
Relacionadas:
-
Preocupación no Concello ante a posibilidade de ter que "reprogramar todo e prescindir dalgúns eventos" deportivos
Por Diego Espiño |
-
A suspensión de eventos polo coronavirus preocupa á hostelería de Pontevedra ante a cancelación de reservas
Por Boris Rodríguez Pintos & Anxo Lourido |
-
Confirmado o primeiro caso positivo por coronavirus en Pontevedra
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Galicia restrinxe a visita a hospitais e limita os grandes eventos ante a expansión do coronavirus
Por Alejandro Espiño |
-
Os partidos do Pontevedra, Cisne, Teucro, Arxil, Poio e Peixe, a porta pechada por orde do CSD
Por Manu Otero | Creada e actualizada
-
As precaucións polo coronavirus chegan ás celebracións relixiosas da comarca
Por Redacción |
-
Montecelo celebra unha sesión técnica formativa sobre a xestión do coronavirus
Por Oskar Viéitez |
-
A Xerencia asegura que esta Área Sanitaria está preparada para afrontar o coronavirus
Por Oskar Viéitez |
-
Profesionais sanitarios denuncian a "neglixente" actuación do Sergas ante o coronavirus
Por Redacción |
-
A décima edición dos Xogos Nacionais de Transplantados celebrarase en Pontevedra
Por Sara Iglesias & Cristina Saiz |