Unha conductora bébeda causa danos en cinco vehículos aparcados
Por Oskar Viéitez
A condución baixo os efectos de alcol ou droga, sigue constituído un grave problemas na seguranza viaria.
Este mesmo fin de semana Garda Civil e Policía Local instruiron dilixencias ao xulgado por un presunto delito contra seguridade viaria. Foi o sábado 7 de marzo, sobre as 21:40 horas, unha muller de 55 anos de idade, baixo os efectos de bebidas alcohólicas tivo un accidente de saída de vía, golpeando a cinco vehículos estacionados na Rúa Xosé Malvar, arroxando un resultado de 0.97 mg/l.
Novamente o Subsector de Tráfico da Garda Civil e Policía Local de Pontevedra realizaron conxuntamente, controis de alcol e velocidade o que está a dar os resultados previstos, xa que permiten duplicar as patrullas que normalmente realizan este tipo de controis e sumar esforzos na mellora da seguranza viaria.
Na madrugada do domingo, 8 de marzo, unidades conxuntas de Garda Civil e Policía Local de Pontevedra, levaron a cabo un control de tráfico na glorieta de avenida de Compostela con avenida Médico Ballina, N-550 e subida a Lérez, entre as 06:15 e as 08:45 horas.
En total controláronse 342 vehículos, co resultado de 19 propostas de denuncias administrativas.
Foron sete denuncias ao Regulamento Xeral de Circulación por superar a tasa de alcol permitida, catro denuncias por exceso de velocidade, outras catro por diferentes infraccións do Regulamento Xeral de Circulación, unha denuncia por non ter seguro e tres por non ter pasada a Inspección Técnica de Vehículos (ITV).