Comezan os cambios de tráfico no Burgo
Por Redacción
As obras da reforma da Ponte do Burgo entran na fase final co fresado e asfaltado do tramo de Domingo Fontán afectado e tamén da avenida da Coruña. Esta intervención obrigará a facer restricións de tráfico na avenida da Coruña, dende Pasarón a Domingo Fontán; mentres que Domingo Fontán permanecerá no mesmo réxime circulatorio que até o de agora.
Este asfaltado executarase dende as 10.00 horas do martes até o venres, 13 de marzo.
O plan de tráfico inclúe a restrición do acceso á avenida da Coruña, permitindo o paso a residentes e servizos, e garantindo a mobilidade de veciños e da actividade comercial da zona. Todos estarán obrigados a saír pola rúa da Santiña.
Tamén é preciso mudar o sentido de circulación nas rúas que arrodean ao campo de Pasarón pola zona norte e leste: Luís Otero e Leonardo Enríquez, para darlle saída á rúa Juan Bautista Andrade cara a avenida de Compostela.
Toda a zona disporá de sinalización adecuada para informar aos condutores e tamén se colocarán carteis no barrio para informar á veciñanza.
Relacionadas:
-
Pechan a Avenida da Coruña ao tráfico para avanzar na súa reordenación
Por Redacción |
-
O martes comezan as obras na Avenida da Coruña
Por Redacción |
-
31 de xullo, data límite para acabar as obras da ponte do Burgo
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Rematan as restricións de tráfico en Domingo Fontán
Por Oskar Viéitez |
-
A próxima semana cambia o tráfico no Burgo polo asfaltado de Domingo Fontán
Por Oskar Viéitez |