Concentración da CIG para reclamar reformas laborais no Día da Clase Traballadora Galega
"Esiximos derrogación: reforma laboral, reforma das pensións". Con este cántico, representantes do sindicato CIG concentrábanse este martes 10 de marzo, Día da Patria Galega, na praza da Peregrina dentro dos actos previstos pola central nacionalista con motivo desta data.
Piden as reformas das pensións de 2011 e 2013, ademais das reformas laborais e da negociación colectiva promovidas a partir da crise económica. Marcos Conde, secretario comarcal da CIG, sinalaba que este sindicato síntese orgulloso de esixir na rúa a mellora das condicións de traballo ao entender que nas mesas de diálogo resulta máis complicado avanzar. "Vimos de alcanzar a condición de sindicato máis representativo ao quedar primeiro nas eleccións sindicais", afirma o máximo representante comarcal da CIG sinalando que este liderado débese á defensa das condicións laborais a través de actos na rúa.
Conde afirma que as leis actuais precarizan a clase traballadora e lembra que, hoxe en día, hai persoas en Galicia que traballan e que non poden ter un salario que lles permita vivir con dignidade. Neste sentido, esixen do goberno central medidas inmediatas e lamentan que se anunciase que se ía a eliminar o despedimento por baixo, pero non o fixeron. "Segue podéndose despedir barato barato", laméntase Marcos Conde.
Desde a CIG afirman que para cambiar a situación actual, a cidadanía galega debe dar o voto o 5 de abril nas eleccións autonómicas a aquelas forzas que garantan traballo e vivir con dignidade en Galicia.
O 10 de marzo lémbrase a dous traballadores, Amador e Daniel, da antiga Bazán, que faleceron asasinados pola policía franquista con motivo das protestas en 1972 contra a precariedade laboral.
Relacionadas:
-
Cacerolada nas fiestras convocada pola CIG para esixir medidas de protección social xustas
Por Redacción |
-
A CIG leva á rúa a loita pola defensa do emprego en Galicia e reclama a derrogación da reforma laboral
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido |
-
Concentración para reclamar pensións públicas, dignas e garantidas
Por Cristina Saiz & Redacción |