Recollida de "basuraleza" no Lago Castiñeiras para "concienciar á poboación da necesidade de reciclar"
Por Redacción
Ecoembes e Turismo de Galicia, baixo o nome "1 metro cadrado pola natureza", celebraron a mañá deste martes 10 de marzo unha recollida de residuos con voluntariado na contorna do Lago Castiñeiras. A limpeza contou coa colaboración do voluntariado do Centro Privado de Educación Especial Juan XXIII e do Centro Príncipe Felipe.
A partir das 11:00 horas da mañá os participantes repartíronse en grupos para "peitear" diversas zonas do parque. En concreto, fixaron a actividade en torno á balsa de auga e a zona dos parques infantís e dos asadores, onde abundaba o lixo xerado pola maior afluencia de persoas.lago
Ademais, o responsable de Ecoembes en Galicia e o enxeñeiro forestal Gaspar Bernárdez deron dúas charlas introdutorias aos voluntarios, nas que explicaron como naceu a iniciativa e que tipo de flora e fauna existe na contorna do Lago Castiñeiras.
O Concello de Marín, pola súa parte, defende que "é necesario concienciar a poboación da necesidade de reciclar e non tirar refugallos ao chan" e valora "moi positivamente" que se realicen actividades como esta na vila, na que, precisamente, estivo presente a alcaldesa de Marín, María Ramallo xunto coa directora xeral de Turismo de Galicia, Nava Castro e os concelleiros Manuel Santos, Marián Sanmartín e Cristina Acuña.
Relacionadas:
-
O Concello de Marín únese ao proxecto "Ecohostelero" promovido por Ecoembes
Por Redacción |
-
Loita contra a contaminación mariña na Illa de Arousa
Por Redacción |
-
Marín súmase á eliminación da "basuraleza" organizando unha recollida no Lago Castiñeiras
Por Redacción |
-
Animan a participar nunha recollida de "basuraleza" no Lago Castiñeiras
Por Redacción |