A Policía Local estrea PDA para comprobar a legalidade dos vehículos e poder multalos
Por Redacción
A partir de agora, os axentes da Policía Local poderá comprobar en tempo real a legalidade dos vehículos e multar a todos os que non teñan os papeis en regra.
O Concello de Ponte Caldelas vén de incorporar unha PDA que, xunto cunha mini impresora, facilitarán o traballo dos dous axentes.
Estas ferramentas electrónicas permitirá consultar en cada momento, entre outras cuestións, se os coches teñen seguro obrigatorio, a Inspección Técnica de Vehículos (ITV) ao día ou os datos da persoa titular do vehículos.
Esta PDA permite tamén penalizar unha infracción cometida por calquera condutor ao instante e, deste xeito, se un vehículo está mal estacionado, non ten seguro ou carece de ITV, os axentes poden escanear a matrícula e sancionalo no momento.
Esta nova ferramenta foi adquirida a través dun plan da Deputación de Pontevedra para modernizar e axilizar a xestión das infraccións e das correspondentes sancións, reducir o tempo de tramitación das multas e deixar atrás os antigos boletíns en papel.