Ceos despexados nas Rías Baixas con máximas que chegarán aos 20 grados
Segundo a páxina de Meteogalicia, durante esta semana a zona das Rías Baixas gozará do bo tempo, con ceos despexados a pesar do lixeiro descenso das temperaturas máximas que provocarán chuvascos o domingo.
Durante o mércores 11 non se agarda ningún cambio significativo, as nubes permanecerán baixas provocando néboas nas primeiras horas. Durante a segunda metade do día os ceos despexaranse no leste e sur da comunidade. As temperaturas continuarán en lixeiro ascenso con mínimas de 7 graos e máximas de 20 graos.
Galicia estará, na xornada do xoves, nunha situación intermedia entre o anticiclón das Azores e as baixas presións situadas ao norte das Illas Británicas. Os ceos alternarán de nubes e claros, quedando máis despexados na metade sur. As temperaturas mínimas quedarán nos 9 graos e as máximas en 20 graos. O vento soprará desde o norte, con intervalos moderados no litoral.
Durante as primeiras horas do venres 13 esperanse bancos de néboa e nubes baixas. Xa na tarde os ceos serán pouco anubrados ou despexados. As temperaturas descenderán lixeiramente con mínimas de 7 graos e máximas de 18. Os ventos soprarán do norte, con intervalos fortes no litoral sur das Rías Baixas.
O sábado, Galicia continuará na influencia das altas presións, mantendo os ceos despexados da xornada anterior. As temperaturas sufrirán un lixeiro descenso chegando a mínima a 5 graos e máximas de 17 graos.
O domingo 15 chegará unha fronte a Galicia que traerá precipitacións e aire frío. O luns irá recuperándose a influencia anticiclónica, aínda con posibilidade dalgunha precipitación. A partir do martes volverá o tempo seco e o aumento das temperaturas que durarán ata o xoves.