Comeza a reparación da pasarela da Praia da Lanzada
Por Redacción
Os danos causados na pasarela da Praia da Lanzada polos episodios de fortes chuvias que tiveron lugar no outono e inverno de este último ano serán arranxados nos vindeiros días.
A reparación, iniciada pola Xunta de Galicia, comeza este xoves 12 de febreiro coa retirada de material de arrastre. A continuación, proseguirá a cimentación do muro de pedra da pasarela.
Prevese que os traballos estean rematados “nunhas semanas”, segundo a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade do Grove, intentando ter realizadas as obras antes da Semana Santa.