Suspenden a primeira andaina de Ponteandadas prevista para este domingo atendendo as recomendacións sanitarias
Por Redacción
A concellería de Deportes, Actividade Física e Saúde de Pontevedra decidía este xoves suspender o percorrido previsto para este domingo 15 de marzo, que contemplaba unha andaina circular de 12 quilómetros entre as parroquias de Mourente e Bora. Estaba previsto que saíra ás 10.00 horas da igrexa de Santa María de Bora.
O motivo desta suspensión atópase nas recomendacións emitidas polas autoridades sanitarias. A organización tomou esta decisión de anular o primeiro roteiro que se enmarcaba nas actividades de Ponteandadas como medida de prevención ante a expansión do coronavirus.
Polo momento, a andaina prevista para o 24 de maio na parroquia de Cerponzóns, con punto de encontro-saída na igresa de San Vicente, vai manterse á espera de comprobar como evolúe esta situación de alerta polo COVID-19.
Relacionadas:
-
Regresan as Ponteandadas tras o parón da pandemia
Por Mónica Patxot & María José Pita |
-
A terceira etapa de Ponteandadas, tamén suspendida polo coronavirus
Por Redacción |
-
Suspenden a etapa de Cerponzóns, segunda do programa Ponteandadas 2020
Por Redacción |
-
A primeira charla sobre vida saudable do programa Ponteandadas, aplazada polo estado de alarma
Por Redacción |
-
Ponteandadas regresa en 2020 cun circuíto de 5 roteiros
Por Redacción |