As árbores de Caldas melloran a saúde e o seu aspecto
Por Redacción
A concellería de Obras e Medio Ambiente do Concello de Caldas puxeron en marcha un plan de conservación dos espazos naturais e do arborado no municipio. Unha das funcións centrouse en manter e podar as árbores da carballeira e do campo da festa do lugar de Paradivas, na parroquia de San Andrés de César; tamén se actuou na carballeira de Igrexa, en San Clemente e na Praza das Palmeiras.
Estas intervencións buscan, segundo indica o concelleiro Manuel González, acondicionar e mellorar a contorna de espazos verdes de Caldas de Reis. Desta forma garántese un crecemento correcto das especies arbóreas e elimínanse aqueles exemplares que se atopen en perigo de desprenderse ou estean en mal estado.
Ademais renovouse o céspede das bases onde se atopan instaladas as palmeiras. Para este proceso, o goberno local contratou unha empresa especializada en poda en altura. Pódalas, que se iniciaron no verán de 2019 no Xardín Botánico e na carballeira de Caldas, acometéronse en máis dun centenar de árbores, sobre todo en palmeiras e carballos.
Con esta actuación, Manuel González entende que se melloraron espazos públicos, ademais de conservar as zonas verdes evitando perigos de caída de pólas secas.