A Iglesia suspende as misas en Galicia ata despois de Semana Santa
Por Oskar Viéitez
Os bispos da Provincia Eclesiástica de Santiago de Compostela acordaron este venres que non se celebrarán misas en Galicia "ata ser superada a actual situación de emerxencia" polo que esta medida estará en vigor "en principio ata despois de Semana Santa".
"É unha responsabilidade cidadá e unha esixencia do amor ao próximo previr o contaxio nestes momentos", afirman nun comunicado.
Aos fieis cristiáns dispénsaselles "da asistencia á Eucaristía, os domingos e festas de precepto" coa proposta alternativa de que sigan a misa "por radio ou televisión, así como por internet".
En canto aos funerais celebraranse "Exequias sen misa" ou "só co grupo dos familiares máis achegados". O resto pospóñense ata despois de Semana Santa.
As cancelacións tamén afectan á catequese, as celebracións litúrxicas da Semana Santa e as confirmacións, co rogo de que se aprace "calquera outra celebración que non sexa urxente".
Os templos "seguirán abertos, a menos que as autoridades sanitarias digan o contrario, como signo de esperanza e ao dispor dos fieis para que poidan ir rezar, sen aglomeracións e vivir no silencio estes momentos difíciles".
Relacionadas:
-
Pontevedra encoméndase a San Sebastián e San Roque polo coronavirus
Por Oskar Viéitez & Diego Torrado |
-
Instan a colocar recortables, debuxos ou ramas de oliveiras en xanelas o Domingo de Ramos
Por Redacción |
-
A solidariedade que trae o coronavirus: "Podemos hacerlo por ti"
Por Natalia Puga & Diego Torrado |
-
A igrexa evanxélica de Monte Porreiro suspende actos polo COVID-19: "Oxalá non haxa histeria nin máis desastre"
Por Redacción |