VIDEO.- Un mozo de Barro improvisa unha verbena na súa terraza para animar os seus veciños
Por Alejandro Espiño
O confinamento nos nosos domicilios, polo menos durante o próximos quince días, fixo que moitas persoas agudizasen o seu enxeño para tratar de que este peche sexa o máis levadío posible. E, para algúns, a música foi a vía perfecta de escape.
É o caso de Johnny Güimil, un veciño de Barro que non dubidou en animar aos seus veciños cunha sesión musical que se fixo viral a través das redes sociais.
Este mozo, un dos integrantes máis coñecidos da agrupación Os do Val do Lérez, explicou a PontevedraViva que "me animei vendo o que fixeran en Italia" e pensou que, xa que a corentena impedíalles a súa tradición sesión vermú dominical, podería facela en casa.
"Son profesor de música, formo parte dun grupo e gardo o equipo de son en casa", asegura Güimil, polo que decidiu sacalo á terraza e comezar a poñer música.
A resposta da xente non tardou en chegar. "Empezaron a saír aos balcóns e a bailar", segundo o impulsor desta iniciativa, que avanza que en función do tempo dos próximos días esta improvisada verbena musical repetirase.
"Fíxeno para divertirnos un pouco e animarnos entre nós, xa que todos os veciños levámonos moi ben", afirma este mozo, que esta mesma noite volverá poñer música durante media hora, antes da homenaxe ao persoal sanitario.
De cara o próximo mércores, segundo desvelou, haberá outra quedada. Será cunha particular "festa de pixamas" nos balcóns de cada domicilio, coa que animar a todos os seus veciños na véspera dun festivo que, tal e como está a situación, terán que pasar en casa.
Relacionadas:
-
VÍDEO.- Non hai Entroido sen Os do Val do Lérez: “Temos que ser pacientes e non inconscientes”
Por Natalia Puga |
-
Recollida solidaria de alimentos en Barro
Por Redacción |
-
VÍDEO.- Feira de Abril 'confinada' na rúa Arzobispo Malvar
Por Almu Dapena & Diego Torrado |
-
Johnny Güimil, 37 días poñendo o himno ao confinamento en Barro
Por Natalia Puga |
-
Artistas de Pontevedra únense nun festival de música a través de Instagram
Por Alejandro Espiño |
-
Corentena, pero con ritmo: os veciños dun edificio de Loureiro Crespo anímanse para non caer no aburrimento
Por Sara Iglesias & Diego Torrado |
-
Indignación nas redes sociais polos pontevedreses que se resisten a deixar o 'running'
Por Almu Dapena |
-
Os pontevedreses responden: a corentena deixa a cidade deserta
Por Natalia Puga |
-
VIDEO.- Pontevedra súmase ao aplauso colectivo á loita incansable do persoal sanitario fronte o coronavirus
Por Alejandro Espiño |