Os Paradores de Pontevedra e Cambados súmanse ao peche ante o estado de alarma
Por Redacción
Óscar López Águeda, presidente de Paradores de Turismo, decidiu nas últimas horas pechar todos os establecementos da rede, unha decisión que afecta a catro establecementos situados nas Rías Baixas: Cambados, Pontevedra, Tui e Baiona.
Esta decisión, segundo un comunicado da entidade, adóptase en coherencia coa declaración do estado de alarma decretado polo Goberno e mentres dure esta situación. A medida foi adoptada tras chegar a acordo cos representantes do persoal dos centros.
Segundo indican desde a Dirección, considéranse obrigados a velar pola saúde dos clientes e de todos os traballadores da compañía. A partir deste luns 16 de marzo xa non se recibirán novos clientes. As persoas que se atopen aloxadas neste momento serán atendidas ata que regresen aos seus lugares de orixe. Os restaurantes e cafeterías dos Paradores xa se atopan pechados desde este sábado 14.
As reservas realizadas serán anuladas sen que os clientes perdan o diñeiro, segundo indica López Águeda. Analizaranse as situacións, caso por caso, para que ningún cliente con reserva quede sen aloxamento no caso de que non teña outra alternativa. Reembolsarase o diñeiro ou se cambiarán de data as reservas anuladas, de modo que ningún cliente perderá o seu diñeiro. Os clientes poden contactar co seu Parador de destino ou coa central de reservas no teléfono +34 91 374 25 00 ou a través do correo electrónico: reservas@parador.es
Os Paradores, neste estado de alarma, atópanse ao dispor das autoridades para o seu uso médico ou calquera necesidade que se derive desta situación de emerxencia. Os excedentes de comida dos restaurantes doarase a organizacións sociais para axudar a persoas desfavorecidas.
Desde a Dirección de Paradores indícase que manterán contacto co comité de empresa para minimizar o impacto das medidas que afecten o emprego durante este período.
Relacionadas:
-
Habilitan seis establecementos turísticos de Poio, Sanxenxo e Pontevedra para aloxar a traballadores esenciais
Por Natalia Puga |
-
Os positivos por coronavirus na área sanitaria ascenden a 18, cinco hospitalizados
Por Natalia Puga |
-
Os pontevedreses responden: a corentena deixa a cidade deserta
Por Natalia Puga |