Correos adapta o seu horario ás restricións do estado de alarma e abre tres horas ao día
Por Redacción
Creada e actualizada
Creada e actualizada
Correos tamén implementou novas medidas organizativas e protocolos de actuación en cumprimento do Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19.
A empresa pública traballa para garantir a prestación do servizo postal universal que ten encomendado, pero adaptando o seu labor ao estado de alarma. Entre outras medidas, as oficinas de Correos reducirán o seu horario
Así, as oficina da rúa Oliva, a avenida de Lugo e Campolongo en Pontevedra, como todas as de España, abrirán de 09.30 a 12.30 horas e durante todo o tempo de apertura velarase por que traballadores e clientes garden todos os protocolos ditados polas autoridades sanitarias.
Ademais, só estará operativo o persoal estritamente imprescindible para a prestación do servizo público, único servizo que se desenvolverá.
En caso de ser necesario, Correos volverá adaptar a súa operativa en función das circunstancias.
CCOO e UXT acusan a Correos de "irresponsabilidade" maiúscula por poñer en risco o persoal ao non dotala de medidas de protección suficientes, e, "antepoñendo a súa visión de negocio", impoñer unha actividade máis aló dos servizos esenciais recollidos no Real Decreto do Goberno .
As organizacións sindicais esixen á empresa que rectifique a súa posición e reduza a actividade aos servizos mínimos indispensables, cunha limitación de centros e do persoal a nivel de servizos mínimos, para contribuír á contención do coronavirus entre os traballadores e entre cidadáns e usuarios do servizo postal público.
Relacionadas:
-
Correos comeza a súa desescalada cunha ampliación de horarios ao público ante a crítica dos sindicatos
Por María José Pita |
-
Crónica dunha xanela: a corentena vista desde a Praza de Galicia
Por Boris Rodríguez Pintos |
-
Novas medidas de contención da Xunta, que regula a actividade de talleres de reparación
Por Natalia Puga |
-
O Sergas reprograma consultas, probas diagnósticas e cirurxías nos hospitais
Por Natalia Puga |
-
O comercio bota a persiana, pero permitiranse salóns de peiteado, tinturerías e ópticas e a venda por Internet
Por Natalia Puga & Alejandro Espiño | Creada e actualizada
-
A poboción só podrá saír da casa de xeito individual e para compras de primeira necesidade, atención médica e traballo
Por Natalia Puga & Alejandro Espiño | Creada e actualizada