Suspendidas a BTTroita, a Concentración Moteira e a Tractorada de Ponte Caldelas
Por Oskar Viéitez
O Concello de Ponte Caldelas suspende todas as actividades de iniciativa municipal previstas para os meses de marzo e abril.
Desta maneira, quedan anuladas a VII BTTroita, prevista para o sábado 4 de abril; a VI Concentración Moteira, que tería lugar o sábado 18 de abril e a II Tractorada, que se ía celebrar o domingo 26 de abril.
O alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, explica que se fixarán novas datas para estes eventos en canto sexa posible e recalca a importancia de levalos a cabo para potenciar de novo o comercio e a hostelería de Ponte Caldelas logo deste peche preventivo ao que se ven obligados.
Díaz fai un chamamento á poboación de Ponte Caldelas para que permaneza na casa estes días e, do mesmo xeito, anima a todos os veciños a que, unha vez pasado este período de confinamento, apoien ao máximo aos pequenos comerciantes de Ponte Caldelas para mitigar as perdas que poidan ter durantes estas semanas de peche.