Crónica dunha xanela: a corentena vista desde a Praza de Galicia
Hoxe, como cada día, esperteime no meu piso da Praza de Galicia. A diferenza de como é habitual, non se oía o asubío de ningún coche nin o balbordo provocado polos nenos cando chegan ao colexio. O peche de establecementos e centros escolares deixaba un incómodo silencio no ambiente.
Malia todo, nada me impedía observar a través da miña xanela como, minuto tras minuto, coches e peóns pasaban un detrás doutro. Nin sequera a maior pandemia que se sufriu en moitos anos impide que centos de persoas facer os seus labores cotiás como ir traballar, facer a compra, ou pasear ás súas mascotas, entre outras.
Os buses ían e vñan, aínda que con menos frecuencia e pasaxeiros do ordinario. Destacaba, por riba de todo o demais, a presenza de tanto coche branco co cartel de taxi. Os choferes, sen a clientela habitual, gozaban do seu tempo libre con amigables charlas mentres algún deles aproveitaba para fumarse un cigarro.
En todo caso, alégrame ver como en comparación a días atrás, son moitas menos as persoas que camiñan pola rúa, e que a maioría queda na súa casa gozando do tempo en familia, teletraballando ou facendo tarefas mentres esperamos que remate esta corentena que trastornou a nosa rutina cotiá polo ben de moitas persoas
Relacionadas:
-
A corentena ameaza con mandar á quebra autónomos de diversos sectores en Pontevedra
Por Manu Otero |
-
Primeiro día laborable con estado de alarma: menos xente pola rúa e establecementos con distancia de seguridade
Por Natalia Puga & Diego Torrado |
-
Correos adapta o seu horario ás restricións do estado de alarma e abre tres horas ao día
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Es deportista? Aquí van unhas recomendacións para non perder a forma mentres dure o estado de alarma
Por Diego Espiño |